[vc_row][vc_column][vc_column_text]

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row el_class=»ff-content-evento»][vc_column width=»1/2″][vc_column_text]

Verde

Matteo Bertolino

“Verde” reflexiona de forma crítica sobre o inverno demográfico galego, tomando a provincia de Ourense como paradigma da despoboación rural, un fenómeno que afecta non só a Galicia e España, senon a todo o conxunto da UE.

Das ‘dúas Galicias’ -a do eixo atlántico e a oriental- o proxecto reflexiona sobre a segunda, que sofre a traxedia do abandono e a soidade de forma máis pronunciada. O éxodo rural -proceso global e en aumento- é abordado cunha perspectiva entre documental e autoral, hacia unha representación suxerente e persoal do fenómeno.

Verde é a cor da vida, da positividade, da armonía, da estabilidade e da serenidade; verde é a cor da esperanza. Verde é a cor que se adonará totalmente do interior galego en pouco tempo, transformándoo en selva. Verde tamén é a cor da vida vexetal, do san e fresco, verde é simbolo de mocidade e fertilidade. Galicia toda é verde.

Verde eiquí, nembargantes, é máis ben sinónimo de morte, tristeza, soedade, abandono, pérdida, vacío. Esperanza entón? Pouca, case ningunha. Unha representación crúa – quizáis poética – dun fenómeno realmente dramático.[/vc_column_text][vc_empty_space height=»20px»][/vc_column][vc_column width=»1/2″][vc_single_image image=»682″ img_size=»large» add_caption=»yes» alignment=»center» title=»Matteo Bertolino» el_class=»ff-image-padding»][/vc_column][/vc_row]