Tecnoloxías e estéticas fotográficas: unha arqueoloxía sen territorio

Presentación + Obradoiro con Rubén Panete

En fotografía, os avances das súas tecnoloxías crean novas estéticas. Partindo deste enunciado, este obradoiro ofreceu aos participantes un espazo no de desenvolver, de maneira práctica, un conxunto de sinxelas técnicas fotográficas que estimulan as condicións de disparo en diferentes momentos históricos da fotografía, atendendo á súa evolución técnica. Tratouse de entender qué calidades estéticas proporcionan a aparición desas tecnoloxías e como, hoxe en día, unha persoa que utiliza a fotografía como medio pode facer uso delas na realización da súa obra, proxecto ou traballo.

Ata a chegada do colodión húmido non podemos falar dun espaco concreto para á fotografía de guerra. Nas imaxes que Roger Fenton fixo en Crimea non hai soldados mortos, senón os seus rastros no campo de batalla: a emulsión dos cristais das súas placas requería unha exposición de entre 20 e 30 segundos. Para lograr que o miliciano de Robert Capa convertésese nunha icona da fotografía bélica, a tecnoloxía tivo que chegar a unha pequena cámara Leica cargada con Kodak Tri-X de sensibilidade 100 ASA e obxectivos Elmar de excelente calidade. «Morte dun miliciano» é unha fotografía en escala de grises de 1936; dous anos despois Capa levou Kodachrome cor de 12 ASA a China: non só é que esa sensibilidade tan baixa non fose suficiente para deter a acción das escenas senón que, ademais, por aquel entón a fotografía a cor non se observaba coa mesma credibilidade que se ofrecía ás imaxes en branco e negro; era considerada unha “abstración”.

As escenas do París de Eugène Atget débenlle moito ao esforzo e cansazo que supoñía empuxar o carro onde transportaba o seu cámara e as súas placas. Por outra banda, á vez que Walker Evans contaba xa con tecnoloxías suficientes para lograr a nitidez e detalle que pretendía para o seu “Straight Photography”, os pictorialistas restaban nitidez aos seus obxectivos cubríndoos con veos para lograr esa imaxe “flou” coas que trataban de lograr “status de artista”, achegando a estética das súas fotografías á prestixiosa aparencia das pictóricas.

Neste sentido de perda de detalle e nitidez, son tamén “Lo- fi” o conxunto de píxeles das imaxes capturadas con teléfonos móbiles coas que se pretendeu dar conta da morte de Sadam Husein e Gadafi, ou das torturas na prisión de Abu Ghraib. E etc. Por que en lugar do píxel hoxe tantos fotógrafos regresan á película química? Que técnicas podemos recuperar para lograr as estéticas que desexamos?

Sobre o autor

Rubén Panete traballa con vídeo, son, infografía, fotografía e instalación. Na súa práctica artística cuestiona principalmente o estatus da imaxe como modo de representación e coñecemento pero, sobre todo, atravesa fronteiras mentais e físicas. No ano 2016 inaugura «Arquitecturas Negras», a súa primeira exposición individual, na Sala Barcelona do MAC.

Este obradoiro ten unha duración de tres horas, divididas en dúas partes:

  1. A primeira hora foi aberta a todo o público. Rubén Panete amosou algunhas das técnicas fotográficas -toma, postproducción…- dos seus últimos traballos: os Retratos Negros sobre os migrantes africanos en Italia; Xeografías do duelo; paisaxe do postconflicto nos Balcáns, Poesía afgá en Europa; o dereito á imaxe dos Outros, Arquitecturas Negras e A Imaxe Transcultural: Fronteira, Conflicto, Identidade e Territorio, desenvolto en Albania, Kósovo, Turquía, Xeorxia, Armenia, Irán, Kurdistán, India, Caxemira, Líbano e as fronteiras de Siria e Paquistán, entre outras.
  2. Dúas horas prácticas fotografando nun territorio concreto: a Cidade Vella da Coruña.
Actividade de balde. Reserva a túa plaza a través do mail info@ffocofestival.com, indicando no asunto PANETE e adxuntando portfolio e un breve texto das túas motivacións para participar.

Rubén Panete

Tecnoloxías e estéticas fotográficas: unha arqueoloxía sen territorio Obradoiro con Rubén Panete

Entradas recomendadas