Solar

Nacho Alonso

“Decididamente a noite é longa e pobre en consellos.” [S. Beckett]

«Primeiro foi o título, Solar.

Quería contar de novo, pero esta vez de maneira non explícita, a relación das miñas fotografías co consumo de drogas. Suxerir máis que amosar. Evitar logo na edición o espectacular. Sumamos ás fotografías en branco e negro fotografías en color, e coidamos a simetría.

As páxinas en negro representan o vacío, un negro que se traduce en silencio.

É en certa medida un álbum familiar. Os meus amigos e coñecidos, os seus corpos, as nosas paisaxes, espazos mentais e físicos, todo envolto nun clima de misterio, como nos escenarios dun crime».

Nacho Alonso. Outubro de 2019

Nacho Alonso, SOLAR, outubro 2019

Nacho Alonso

Nacho Alonso. Proxección Solar. FFoco Festival

Entradas recomendadas