Sobre o Festival

FFOCO É O FESTIVAL DE FOTOGRAFÍA DA CORUÑA E CELÉBRASE NA CIDADE VELLA

FFOCO é un festival para todas e todos. Impulsa a creación fotográfica con especial atención aos autores locais e galegos e coida a diversidade de miradas sobre A Coruña, Galicia e as súas xentes.

Dende a súa primeira edición en 2017, FFOCO consolidouse xa como unha cita obrigada e un punto de encontro profesional e amador no que abordar o estado actual da fotografía documental galega, así como unha plataforma de visibilidade para creadores locais e doutras procedencias.

Proxeccións, exposicións, presentacións, conversas, obradoiros prácticos abertos para xentes de todas as idades e unha ffeira editorial centran cada ano o programa de FFOCO, que permite a unha escolma de autoras e autores contemporáneos amosar os seus traballos a novos públicos.

A vosa participación

participación da veciñanza é chave en cada edición para o desenvolvemento do festival, xa que FFOCO se concibe en todo momento como unha iniciativa que todas e todos poidades sentir como propia. A programación inclúe actividades en diferentes formatos, todas elas de balde e para públicos de todas as idades.

Catro edicións celebradas
Un total de 86 autoras e autores participantes.
Máis de 35 proxeccións de traballos de recente creación.
Obradoiros, conversas con fotógrafos e a edición de dous xornais conmemorativos.
Presenza das máis destacadas editoriais galegas especializadas en fotolibros.
Medio centenar de aparicións en prensa.
Incremento de público en cada edición.
Obxectivos do Festival
Promover a cultura galega a través da fotografía.
Impulsar a creación fotográfica con especial atención a autoras e autores locais, coidando a diversidade de miradas sobre A Coruña, Galicia e as súas xentes.
Reconstruir a memoria visual da cidade e establecer un diálogo entre pasado, presente e futuro da fotografía documental galega.
Sacar a fotografía á rúa. Achegala a novos públicos. Reactivar a utilización do espazo urbano.
Por en relación á fotografía coa cidade e aos fotógrafos coa veciñanza, procurando beneficios mutuos nun espacio sociocomunitario, físico e simbólico.
Abrir unha nova xanela de visibilidade pública e un lugar de encontro no que construir de maneira conxunta un relato visual plural, contemporáneo e novo sobre Galicia e a súa contorna, alonxado de clichés e lugares comúns.