SER UN CUERPO

Ser un cuerpo afonda na identidade de xénero. As figuras do home e da muller agora tórnanse líquidas e desaparece o estereotipo corporal. Aparecen corpos híbridos e, sobre todo, corpos intervidos, sendo o corpo case un escaparate amoldable ao gusto de cada persoa.

O eixo central do proxecto é ademais a intimidade que cada persoa constrúe dentro de cada cuarto, ese espazo no que moitos estivos obrigados a confinarnos durante meses. É precisamente o cuarto onde somos nós mesmos, onde realmente temos voz e poder.

Dentro deste ámbito, a pornografía xoga un papel fundamental. A xente nova constitúe unha xeración ‘pornoactiva’, educada sexualmente a través deste tipo de películas, para ir pouco a pouco destruindo e desfragmentando o binomio de xénero aprehendido.

Deebo Barreiro (Vigo, 1993) estudou Belas Artes na Facultade de Pontevedra (Universidade de Vigo) e posteriormente cursou un Máster de Investigación e Creación en Arte Contemporánea na mesma facultade. En 2016 estudou na escola de fotografía Blank Paper, en Madrid, e no 2018 gañou a Beca de Fotografía da Escuela Lens de Artes Visuales, tamén en Madrid. Na actualidade realiza un Doctorado na Facultade de Belas Artes de Cuenca (UCLM).

De xeito paralelo, a súa carreira artística expándese polas salas de exposicións. Entre elas, destaca a mostra individual «¿Te gusta el rosa o el azul?», en Dispara (A Estrada), ou as colectivas «Magical Girls», en A Casa das Artes de Vigo; «Futuro Presente», comisariada por Semíramis González en INJUVE, Madrid; «Galerías VII», no centro cultural Cárcel de Segovia ou «Feminismo y Feminidad» en Can Basté, Barcelona. Outras salas nas que amosou a súa obra son o Museo de Pontevedra, o Museo Ramón María Aller (Lalín), a Galería Alemi de León, La Quinta del Sordo o Le Mur Photo Gallery (Madrid), entre outras.

cargocollective.com/deebobarreiro