Sede

Por primeira vez, a Fundación Luis Seoane, espazo cultural de referencia no corazón da Cidade Vella coruñesa, incorpórase como sede central do festival, convertida para á ocasión nun laboratorio creativo e de experimentación en torno á fotografía.

A meirande enerxía de FFOCO radica precisamente na confluenza nun mesmo tempo e lugar de autoras e autores, fotógrafas e fotógrafos profesionais e amadores, veciñanza e público en xeral, de forma que entre eles xurda o diálogo, o intercambio de experiencias e o debate e a reflexión en torno aos novos usos fotográficos.

Fundación Luis Seoane
Rúa San Francisco, 27
Apertura habitual de martes a domingo
11:00 – 15:00 | 17:00 – 21:00 horas
Luns pechado
Fundación Luis Seoane