Fotografía inclusiva de Nos Why Not. FFoco Festival

Presentación

A fotografía: unha porta entre dous mundos

Fotografía inclusiva con enfoque profesional é un programa da Fundación Maria José Jove que ten como obxectivo ampliar ferramentas para a inserción laboral de mozas e mozos con diversidade funcional a través da fotografía.

Diana Shevchenko, unhas das alumnas do curso, compartirá con todos nós a súa experiencia e evidenciará cómo a fotografía permítenos vivir o noso día a día con outra actitude fronte a vida.

Fundación Luis Seone | Salón de actos
Sábado 6NOV | 18:00 H