FFOCO_Finalistas_Premio_Editorial

Premio Editorial

Revisión de proxectos

Os oito finalistas ao noso Premio Editorial de Fotografía Documental Galega teñen a oportunidade de amosar o seu traballo a representantes dalgunhas das máis destacadas editoriais galegas especializadas en fotografía (Fabulatorio, Alauda Negra e Estraperlo Editora, ademais da venezolana La Cueva Casa Editorial) co fin de recibir asesoramento para que as súas propostas adquiran un novo valor ao adoptar a forma de libro.

Ademais, escolleremos a un único traballo gañador para a súa publicación, atendendo á súa calidade técnica, orixinalidade temática, posibilidades narrativas e viabilidade editorial. En total publicaremos 300 exemplares, dos que o gañador/a percibirá:

  • 30 exemplares non comercializables, que poderá empregar para difundir e comunicar o seu traballo.
  • 600 euros (seiscentos euros, aos que se lle aplicarán as retencións fiscais pertinentes) en concepto de dereitos de autoría.
Fundación Luis Seone | Salón de actos
Sábado 6NOV | 10:00 – 13:30 H

 

* Actividade reservada a participantes previamente seleccionados