Os Blancos

I Premio Barrica de Narrativa Audiovisual

Colectivo Juan Nadie

Cando o colectivo fotográfico Juan Nadie chegou a poboación ourensana de Os Blancos, ningún dos seus habitantes inmutouse. Para esta comunidade rural, acoller a artistas, compartir con eles o seu día a día e velos irse como as moscas en verán ten pouco de insólito. O maior choque da novidade a exerce o pobo sobre os ollos do forasteiro «urbanita», e non ao revés. As fotografías deste proxecto plasman a experiencia sensorial que implicou para os fotógrafos introducirse nun medio alleo e o seu desexo de rexistralo todo compulsivamente para construir, peza a peza e de maneira fragmentada, un mapa do lugar no que se está.

Juan Nadie é un colectivo fotográfico que emprega a autoría compartida para asinar os seus traballos. As persoas que conforman Juan Nadie dilúen a súa identidade baixo este pseudónimo para evadir o recoñecemento ao ego individual e traballar a creación fotográfica dende o principio da colectividade. A declaración de intencións de Juan Nadie é clara e concisa: conxugar distintas miradas nunha soa, promovidos pola impulsiva necesidade de tomar fotografías e polo estímulo de explorar novos territorios.

Os Blancos obtivo o Primeiro Premio Barrica de Narrativa Audiovisual, organizado en xullo de 2019 por FFoco en colaboración con Espacio Mahou Coruña.

Colectivo Juan Nadie

Colectivo Juan Nadie. Exposición Os Balncos. FFoco Festival

Entradas recomendadas