Obradoiro ‘La Chapera’

Neste obradoiro  imos xogar coa ‘arte apropiacionista’ e coa idea de crear algo novo partindo dunha obra fotográfica allea. Buscaremos reencadres circulares, formato pouco habitual en fotografía pero tan familiar cando falamos de chapas, para crear as nosas propias pezas a partir das páxinas de interesantes revistas fotográficas.

Ao final do obradoiro, cada participante poderá levarse a casa 3 imaxes modificadas coas súas respectivas chapas. Para custear os materiais, o prezo é de 10 euros por persoa, pero vos aseguramos que esta actividade vos permitirá experimentar un proceso creativo diferente e divertido.

Non é necesaria inscrición previa. Iranse facendo grupos por orde de chegada.

Fundación Luis Seone | Hall
Sábado 6NOV | 12:00 – 22:00 H