Obradoiro Fotolibro

Diana Vilera

O fotolibro labrouse hoxe en día un lugar propio tanto no eido editorial como no eido expositivo, pero cada vez máis distanciado de ámbolos dous e convertido nun producto único das artes visuáis.

Libro, obra, edición, curaduría, narrativa, función, mercado e discurso de autor están contidos nun fotolibro, pero a presenza de todos estes elementos o fan diferente a unha exposición e ao seu catálogo. Tamén o diferencian dun libro de fotografías, álbum ou portafolio.

Neste obradoiro de dúas horas de duración abordaranse elementos conceptuáis e históricos do fotolibro, pero principalmente falarase do seu ecosistema, as etapas e os aspectos que o compoñen e a relación de cada unha das súas partes: autor, producción, edición, venta, concursos, ferias, festivais… Analizarase o proceso que se incia no momento da conceptualización do fotolibro e que remata -ou debe rematar- na evolución positiva da traxectoria do seu autor como artista visual, e non na conversión do fotógrafo en editor. O obradoiro estará impartido pola antropóloga, editora e especialista en fotografía Diana Vilera, impulsora do proxecto PARAVERTEMEJOR.

SÁBADO 7-NOV
11:00 – 13:00 | Salón de actos
Obradoiro aberto a estudantes e profesionais da fotografía. A entrada é de balde pero o cupo é limitado. Imprescincible inscrición a través deste enlace.

Colabora:

Entradas recomendadas