KARAKASKUARTAYKINTA | Andata e ritorno

Paolo Gasparini

«Actuar sobre a realidade» para ver, pensar e resistir é unha das normas que guían o traballo de Paolo Gasparini, un dos principais fotógrafos do noso tempo. A través de montaxes fotográficas crea significados que se multiplican pola relación entre as partes, como vemos en dúas das súas series:

KARAKASKUARTAYKINTA componse por máis dunha vintena de fotografías de diversas datas, que len as cidades a través das súas rúas e as súas xentes. O proxecto fala das cidades como seres vivos, que crecen e menguan, melloran e empeoran, acollen ou expulsan.

Pola súa banda, Andata e ritorno é unha biografía en imaxes do propio autor, que comeza na dureza da posguerra italiana na rexión fronteiriza de Friuli. Son fotos de película neorrealista e homenaxes a Paul Strand, o seu mestre de vida, tanto no compromiso social como no modelo fotográfico a base de publicacións e series. Imaxes inolvidables que agora son parte da nosa historia tanto como o son de Paolo Gasparini.

FFoco traza con esta exposición un eixo atlántico que permitirá descubrir en Galicia o traballo de grandes nomes da fotografía latinoamericana, gracias nesta primeira ocasión á colaboración de PARAVERTEMEJOR, que conta á súa vez co apoio de Archivo de Fotografía Urbana, La Fábrica e Carmen Araújo Arte.

6-NOV / 8-DEC
Sala de vitrinas do andar superior
Aforo do centro: 30 persoas

Colabora:

Co apoio de:

Paolo Gasparini

Entradas recomendadas