Fotoxornalistas

Conversa con Patricia Gago e Vanessa Casteleiro

Elas contan. As súas miradas son testemuña diaria do que acontece na cidade. Cada unha das súas imaxes, tomadas en fracción de segundos, amosan unha historia, unha información que a sociedade demanda e consume de forma rápida e constante.

Patricia Gago e Vanessa Casteleiro son fotoxornalistas, un territorio no que todavía hoxe impera unha visión masculina da realidade. Por iso, ámbalas dúas conversaron en FFoco sobre a súa experiencia e sobre o presente e o futuro da súa profesión.

Moderadora: María Nieto.

Vanessa Casteleiro

Fotoxornalistas Vanessa Casteleiro e Patricia Gago. Actividades FFoco Festival

Entradas recomendadas