Obxectivos do Festival

Impulsar a creación fotográfica con especial atención a autoras e autores locais e galegos, coidando a diversidade de miradas sobre A Coruña, Galicia e as súas xentes.

Reconstruir a memoria visual da cidade e establecer un diálogo entre pasado, presente e futuro da fotografía documental galega.

Sacar a fotografía á rúa. Achegala a novos públicos. Reactivar a utilización do espazo urbano.

Por en relación á fotografía coa cidade e aos fotógrafos coa veciñanza, procurando beneficios mutuos nun espacio sociocomunitario, físico e simbólico.

Abrir unha nova xanela de visibilidade pública e un lugar de encontro no que construir de maneira conxunta un relato visual plural, contemporáneo e novo sobre Galicia e a súa contorna, alonxado de clichés e lugares comúns.