Información COVID-19
Como consecuencia da emerxencia sanitaria producida pola COVID-19, a Fundación Luis Seoane estableceu, entre outras, as seguintes medidas para garantir a seguridade de visitantes, colaboradores e persoal:
- Para acceder ás instalacións da Fundación Luis Seoane é obrigatorio o uso de máscara que cubra nariz e boca, así como a aplicación da solución hixienizante nas zonas dispostas a tal efecto.
- Unha vez no recinto, os vistantes deberán respectar en todo momento a distancia de seguridade sinalada nas salas de exposicións.
- Para acceder ás salas do primeiro andar, é imprescindible respectar a sinalización correspondente.
- Elimínase o acceso do público aos aseos de todo o centro.
#CulturaSegura