FFeira editorial

Dende a súa primiera edición, FFOCO acolle unha ffeira centrada na divulgación de fotolibros. Por mor das restricións, este ano a participación é limitada, pero contamos coa presenza de Dispara, o máis destacado proxecto galego especializado en fotografía. Unha oportunidade única para ver, tocar, consultar, descubrir e, sobre todo, mercar libros e unha boísima ocasión para conversar con Tono Arias, o seu impulsor.

Ademais, no marco desta ffeira lévanse a cabo presentacións de maquetas e fotolibros de recente publicación:

  • Zoocosis, de Estela de Castro. Publica BANCO Editorial. Presentan Aitana Tubío e Jesús Caballero Varela
    A fotógrafa madrileña reflicte os trastornos e angustias silenciadas que sufren os animais confinados nos zoolóxicos.
  • Never Know, de Alicia Seoane. Publica AmordeMadre
    Un traballo de recuperación de imaxes de álbum familiar, entremezcladas con fotografías novas, xerando unha nova narrativa temporal que nos achega moitas preguntas e poucas respostas.
SÁBADO 7-NOV
FFeira
11:00 – 22:00 | Patio
Aforo 50 persoas
Prensentacións
19:00 – 19:30 | Salón de actos
Aforo 30 persoas, por estrita orde de chegada
Rexistro de datos no acceso

Iago Carro / Nós, Why Not?

Entradas recomendadas