La barra. 2009 – 2017

La barra

Isra Cubillo

«Es precisamente ahora que no podemos apoyarnos en ella cuando vuelvo a ver estas fotografías.
Vuelvo a ver a amigos que ya no están, a otros que por lo que sea no he vuelto a ver.
A muchos que por suerte sigo teniendo en mi vida, aunque ahora lleven mascarilla.
A los que tengo el gusto de poder servir.

Vuelvo a ver a parejas que siguen juntas muchos años después, a otras que se llevó el viento.
Al que dejó de fumar cuando llegó la prohibición, a la que lo sigue haciendo aunque ahora ahora lo haga casi escondida.
Veo en estas fotos la irrupción del teléfono como extensión del cuerpo, como interferencia en la conversación.
Veo la vida, la amistad, el amor, el vacío, buenas charlas, el silencio.
La música de aquel momento.
Veo, recuerdo.
Me emociono, edito, lo dejo.
¿Qué será de ellos?, me pregunto.
Hay a quien ví ayer.
Y lo que me reí.

Pongo un gin tonic, un menta poleo.
Tomo la cámara.
Gente conocida o gente distante.
Hago la foto casi siempre al acecho, si me gusta la enseño.
Si gusta la guardo.
Ahora la muestro.

En la memoria ya estaba.

Una larga crisis, menos amigos entrando por la puerta, pero los conozco mejor, hay más tiempo para hacerlo.

Largos años atravesando un desierto.

Un barco en el que viajar aún entre las tormentas de arena.
Una tabla a la que agarrarse después del naufragio.

Una barra.
Su gente».

Isra Cubillo. A Coruña. Octubre 2020

6-NOV / 8-DEC
Andar superior
Aforo do centro: 30 persoas

Isra Cubillo

Todo vai ir ben

Todo vai ir ben

Jacobo Ameneiro

Con: Aurora Díaz | Macarena | Fabiola Ferrer Pombillo | María Astorga | Claudia Botana | Goyo | Ana M. Arenaz | Daniel Muñiz Torres | Lestonnac Ibáñez | Fausto Rodríguez Montero

Todo vai ir ben provén dun exercicio didáctico de creación colectiva ao redor da imaxe e os seus diferentes usos. Fraguado en paralelo ao estado de alarma, o proxecto propón a viaxe introspectiva a través dos participantes do mesmo, formando unha visión plural da extravagante cotianidade experimentada neste ano 2020.

Poponnos unha peza audiovisual onde os encontros entre imaxes funcionan a modo de pulso, nunha representación do que acabaré sendo o resultado final desta proposta.

Proxecto desenvolvido por Habelas Hainas Estudio Creativo e coordinado por Jacobo Ameneiro.

6-NOV / 8-DEC
Andar superior
Aforo do centro: 30 persoas

Jacobo Ameneiro

5:45 A.M.

5:45 a.m.

Simone Maestra

Atopar no futuro a luz do pasado. Á mañá despois do último día amanece un mundo novo.

Entre as luces, os sobrevivientes, agóchanse dos novos amos. Respiran o ar velenoso que herdaron.

O planeta canso, non quere espertar e limparse a inmundicia que o habita.

«Son libre. Libre para divertirme todo o que queira. Hoxe día todo o mundo é feliz»
(Un mundo feliz. Aldous Huxley)

Texto: markzlick

6-NOV / 8-DEC
Andar superior
Aforo do centro: 30 persoas

Simone Maestra

Ser un cuerpo

Ser un cuerpo

Deebo Barreiro

Ser un cuerpo afonda na identidade de xénero. As figuras do home e da muller agora tórnanse líquidas e desaparece o estereotipo corporal. Aparecen corpos híbridos e, sobre todo, corpos intervidos, sendo o corpo case un escaparate amoldable ao gusto de cada persoa.

O eixo central do proxecto é ademais a intimidade que cada persoa constrúe dentro de cada cuarto, ese espazo no que moitos estivos obrigados a confinarnos durante meses. É precisamente o cuarto onde somos nós mesmos, onde realmente temos voz e poder.

Dentro deste ámbito, a pornografía xoga un papel fundamental. A xente nova constitúe unha xeración ‘pornoactiva’, educada sexualmente a través deste tipo de películas, para ir pouco a pouco destruindo e desfragmentando o binomio de xénero aprehendido.

6-NOV / 8-DEC
Andar superior
Aforo total do centro: 30 persoas

Deebo Barreiro

Imaxe Covid

Imaxe Covid

Óscar Corral | Monica Ferreiros | Agostiño Iglesias | Brais Lorenzo | Miguel Muñiz | Miguel Riopa

Imaxe Covid xurde como colectivo para crear un testemuño visual da crise sanitaria derivada da pandemia da COVID-19. Seis fotoxornalistas galegos que agrupan as súas imaxes para crear memoria visual do estado de alarma, que obrigou a confinar á poboación, mudando radicalmente a sociedade. O resultado e a suma de distintos puntos de vista, cos matices e arestas propias de cada autor, que axuda a dar un discurso máis amplo e máis real da incidencia do coronavirus en Galicia. O colectivo formado por Óscar Corral, Monica Ferreiros, Agostiño Iglesias, Brais Lorenzo, Miguel Muñiz e Miguel Riopa recolle algunhas das máis impactantes e reflexivas imaxes tomadas por cada un dos autores en distintos lugares e fases da pandemia, e nace como ferramenta para amosar e poñer en valor o traballo dos fotoxornalistas, declarados traballadores esenciais nesta pandemia.

6-NOV / 8-DEC
Andar superior
Aforo do centro: 30 persoas

Óscar Corral

Kundas, de Embajadores a La Cañada

Kundas, de Embajadores a La Cañada

Óscar París

«Este traballo pertence a unha serie de reportaxes que realizo nos poboados xitanos dende 1987. Nesta ocasión trato de amosar unha maneira de viaxar ao inframundo a través dunha serie de personaxes que transitan o día a día do camiño da droga, outra forma de viaxar ao inferno».

Óscar París. Novembro de 2019

Óscar París

Así sea, así sea, así sea

Así sea, así sea, así sea

Lorena Varela

«A partires dun estraño obxecto que atopo revolvendo no desván da miña casa, nace a necesidade de plasmar a mística que envolve a miña terra: Galicia. A través desa atmósfera máxica que se crea nos montes e nas aldeas onde nada acontece ao azar […] comezo a contar un conto, como me adoitaban contar a min de cativa: ‘Érase unha vez, un xigante que vivía nun lugar lonxano…’ Neste caso, as protagonistas son as meigas, os curandeiros, o mal de ollo e a Santa Compaña, que fan de Galicia unha terra misteriosa e única. A través das miñas fotografías, ficciono a realidade e creo personaxes imaxinarios para comezar a falar de Galicia e da idiosincrasia de nós, os galegos, dende un punto de vista evocador e aberto a múltiples interpretacións. Deste xeito, as imaxes cobran sentido ao sucederse unha detrás doutras e ao coñecer, de antemán, un pouco sobre ese mundo misterioso de trasnos e meigas».

Lorena Varela

Lorena Varela

Una realidad incierta

Jacobo Ameneiro. Proxección Buenos Aires. FFoco Festival

Una realidad incierta

Jacobo Ameneiro

«Só alguén que vivira nas rúas dunha cidade, soportando algún tipo de miseria, pode percatarse realmente do que significan os adoquíns, os portais das casas, os ladrillos, as xanelas. Nun nivel rueiro, fóra dos vehículos, todas as cidades modernas son violentas e tráxicas».

John Berger

Jacobo Ameneiro

Jacobo Ameneiro. Proxección Buenos Aires. FFoco Festival

Fronteiras do alén

Adriadna Silva Fernández. Proxección Fronteiras do Alén. FFoco Festival

Fronteiras do alén

Ariadna Silva Fernández

Fronteiras do alén describe a convivencia cotiá coa morte dende a mitoloxía galega e dende a relixión. Trata os medos, as inquedanzas, os desexos, e as ofrendas. Esta primeira aproximación á fronteira do outro mundo emprégase para buscar ao Urco, un can negro, de ollos vermellos e grandes fauces que emerxe todas as noites ás beiras dos rios ou do fondo do mar para devorar á súa presa. Os seus aullidos son presaxio de morte: o son dun ladrido que rompe o silencio nocturno é unha confirmación de que o Urco está presente, aínda que non sexa visible.

O ser mitolóxico coexiste co anhelo pola curación a través da simulación da morte. Na parroquia de Santa Marta de Ribarteme (Pontevedra) realízase cada 29 de xullo a procesión dos cadaleitos. Santa Marta foi unha das Santas Mulleres de Xesús e foi quen realizou as pregarias para que o seu irmá Lázaro resucitase. Por este motivo, as persoas que se ofrezan a Santa Marta deben introducirse no cadaleito portado polos seus familiares en signo de súplica ou de agradecemento para que Marta faga de novo de intercesora entre ámbolos dous mundos. Os ofrecidos tiveron un contacto moi próximo coa morte e por iso escenifícana, para aferrarse á vida e ser conscientes da tenue fronteira que separa a vida da morte.

Ariadna Silva Fernández

Adriadna Silva Fernández. Proxección Fronteiras do Alén. FFoco Festival

El Barrio

Isra Cubillo. Proxección El Barrio. FFoco Festival

El Barrio

Isra Cubillo

«Sentimentos enfrontados ao regresar a un barrio do que, en canto puiden, marcheime.

Ás veces as cousas van a peor ou quedan igual. Un barrio tranquilo, un lugar onde nada parecía ter lugar.

Agora, moitos anos despois, tento velo con outros ollos tendo aqueles, recordos de rapaz.

É como moitos dos meus traballos, algo aberto.

Como a película, «En Construción».

Aquí sigo, vendo barcos e trens.

Imaxinando posibles viaxes.

De momento».

Isra Cubillo. Outubro de 2019

Isra Cubillo

Isra Cubillo. Proxección El Barrio. FFoco Festival