KARAKASKUARTAYKINTA | Andata e ritorno

KARAKASKUARTAYKINTA | Andata e ritorno

Paolo Gasparini

«Actuar sobre a realidade» para ver, pensar e resistir é unha das normas que guían o traballo de Paolo Gasparini, un dos principais fotógrafos do noso tempo. A través de montaxes fotográficas crea significados que se multiplican pola relación entre as partes, como vemos en dúas das súas series:

KARAKASKUARTAYKINTA componse por máis dunha vintena de fotografías de diversas datas, que len as cidades a través das súas rúas e as súas xentes. O proxecto fala das cidades como seres vivos, que crecen e menguan, melloran e empeoran, acollen ou expulsan.

Pola súa banda, Andata e ritorno é unha biografía en imaxes do propio autor, que comeza na dureza da posguerra italiana na rexión fronteiriza de Friuli. Son fotos de película neorrealista e homenaxes a Paul Strand, o seu mestre de vida, tanto no compromiso social como no modelo fotográfico a base de publicacións e series. Imaxes inolvidables que agora son parte da nosa historia tanto como o son de Paolo Gasparini.

FFoco traza con esta exposición un eixo atlántico que permitirá descubrir en Galicia o traballo de grandes nomes da fotografía latinoamericana, gracias nesta primeira ocasión á colaboración de PARAVERTEMEJOR, que conta á súa vez co apoio de Archivo de Fotografía Urbana, La Fábrica e Carmen Araújo Arte.

6-NOV / 8-DEC
Sala de vitrinas do andar superior
Aforo do centro: 30 persoas

Colabora:

Co apoio de:

Paolo Gasparini

O piano pola xanela

O piano pola xanela

Crónica visual do Papagayo

Xosé Castro ‘Pepucho’ e Óscar París

«Terror de la noche crápula del Papagayo y Tabares, se cuenta de Cela algún desafuero, como el de aquella madrugada en el que el ruido descomunal despertó a los que estaban dormidos y dejó en vilo a los despiertos, que eran la mayoría.
– ¿Qué ha pasado?
– ¡Alguien ha tirado un piano por la ventana!
Había sido, claro, Camilo, que en un momento de inspiración gamberra sacó fuerzas de flaqueza y lanzó a la calle el piano reluciente que adornaba desde tiempo inmemorial el salón de recibir de las furcias».
(«Camilo José Cela. ¿Yo soy así?». Mariano Tudela. Ed. Grupo Libro, 1991)

Por vez primeira, Xosé Castro ‘Pepucho’ e o seu fillo, o tamén fotógrafo Óscar París, presentan un traballo conxunto que levaba moito tempo agochado nos caixóns: un percorrido por un dos barrios máis literarios pero menos fotografados da cidade, quizáis porque poucos co seu arroxo e determinación, pero tamén coa súa sensibilidade, para adentrarse, cámara en man, por estas angostas rúas aló polas décadas dos anos 60, 70 e 80 do século pasado.

Dúas miradas, dous puntos de vista, pero despoxados ambos da aura intelectual, entrañable e idealizada coa que Cela insistiu en convertir ao xa desaparecido barrio chinés («cuesta putera de tanta confianza como buen acougo», según o describiu) en escenario polo que transitaban os personaxes das súas novelas, que é a imaxe que aínda prevalece na memoria colectiva. París e Pepucho, pola súa banda, asómanse ao Papagayo como o que son, dous fotoxornalistas cunha especial capacidade de observación, empeñados en documentar unha realidade que perviviu moito tempo confinada, coa rúa convertirda nunha especie de ‘gueto’ ao que a meirande parte da cidadanía prefería non mirar.

‘O piano pola xanela’ é a primeira exposición íntegramente conceptualizada, comisariada e producida por FFoco.

6-NOV / 8-DEC
Sala exposicións planta baixa
Aforo da sala: 20 persoas

Xosé Castro

Óscar París

Monte Alto

Monte Alto

Jesús Caballero Varela

Un percorrido previo aos confinamentos perimetrais e ao toque de queda polos espazos deste emblemático barrio da cidade mergullándose na súa paisaxe, arquitectura e veciñanza.

6-NOV / 8-DEC
Andar superior
Aforo do centro: 30 persoas

Jesús Caballero Varela

Radical / Papel

Radical / Pape

Xosé Lois Gutiérrez Faílde | Rosendo Cid | Iván Nespereira | Misha Bies Golas

Alauda Negra é un proxecto editorial creado e dirixido por Xosé Lois Gutiérrez Faílde en 2019. Está enfocado no impulso de pequenas creacións visuais baseadas na relación entre texto e fotografía. Foi concebido para difundir e visibilizar toda unha serie de propostas que, pola súa escala ou intención, teñen como soporte ideal a edición en papel a modo de brochura ou fotozine. O obxectivo deste selo editorial é publicar traballos de tirada limitada pero fortemente comprometidos coa coherencia no seu deseño editorial e na súa definición estética.

Alauda Negra atende tamén á imposibilidade de fixar uns límites no proceso de creación de calqueira traballo artístico. Ben sexan como hipóteses, apuntamentos ou maquetas ou como subproductos ou derivacións doutros proxectos maiores, todos os proxectos que se publican en Alauda Negra non atenden á definición de peza pechada, senón que funcionan como chaves subalternas que poden articular ou xenerar outras fórmulas de diferente alcance.

Radical / Papel é a proposta de Alauda Negra para a cuarta edición de FFoco. Con ela preténdese despregar, coa exposición como medio, as consignas e modos de traballo que lle dan identidade aos proxectos deste selo editorial galego. Ao tratar a parede como unha páxina sen rexistro, as imaxes desta acumúlanse e densifícanse como un palimpsesto que acaba revelando o conxunto de decisións, tentativas ou renuncias que constitúe e afirma a formalización de cada unha das publicacións que ata o momento configuran o catálogo de Alauda Negra e que ten como primeiros autores a Xosé Lois Gutiérrez Faílde, Rosendo Cid, Iván Nespereira e Misha Bies Golas.

6-NOV / 8-DEC
Andar superior
Aforo do centro: 30 persoas

Xosé Lois Gutiérrez Faílde

O Novo Normal: A Coruña

O Novo Normal: A Coruña

Javier Quiroga

“Todo o mundo ten algo que contar”. Entre a avalancha de imaxes e proxectos fotográficos en torno á covid-19, o traballo de Javier Quiroga salienta polo seu achegamento local aos efectos da pandemia. Así, dende o primeiro día en que o Goberno central permitiu á cidadanía sair ás rúas para pasear ou facer deporte, Javier colleu a súa cámara e comezou en redes sociais un diario do desconfinamento, no que acompaña con textos e fotos os medos e inquedanzas da veciñanza, pero tamén as súas esperanzas e ilusións fronte a este incerto futuro que nos agarda.

A maior parte das imaxes e testemuñas foron recollidas por Javier nos barrios de Monte Alto, Pescadería e Cidade Vella e trasladadas a todos os recunchos do planeta a través do perfil de Facebook O Novo Normal: A Coruña. Agora, o proxecto dixital convértese en exposición nas paredes da Fundación Luis Seoane.

6-NOV / 8-DEC
Andar superior
Aforo do centro: 30 persoas

Javier Quiroga

Bloop

Bloop

María Moldes

Xa antes de que vivíramos inmersos nunha película de ciencia ficción, a fotógrafa de Portonovo María Moldes inspirouse no cine americano de serie B dos anos 50 para levar escenas reais e cotiás ao seu terreno, un espazo paralelo no que abunda o surreal, a ironía e a melancolía.

Así, Bloop é un proxecto no que leva traballando varios anos no Mar Menor, unha zona orixinalmente paradisíaca, pero sobreexplotada turísticamente, estéticamente decadente e ecolóxicamente ao borde do colapso pola presión urbanística e os vertidos agrícolas e minerais. Para poder soportar emocionalmente o que para a autora é «unha traxedia», en Bloop deixa voar a súa imaxinación e constrúe un mundo de ficción facendo énfase no absurdo das conductas humanas (centos de persoas que acuden a darse baños de lodo supostamente terapéuticos) ao tempo que denuncia o poder devastador da nosa especie.

6-NOV / 8-DEC
Andar superior
Aforo do centro: 30 persoas

María Moldes

Encarnados

Tono Arias. Exposición Encarnados. FFoco Festival

Encarnados

Encarnados. DesXeo. Preto

Tono Arias

Encarnados (2006-2019) é un proxecto fotográfico arredor do Entroido en Galicia, no que o fotógrafo Tono Arias leva traballando máis dunha década. Logo de realizar miles de imaxes, o resultado son tres fotolibros, unha colección de postais e tres carteis. Encarnados, DesXeo e Preto son os títulos dos tres volumes, que agora se presentan sobre parede e que propoñen un percorrido visual polo noso territorio, ás veces absurdo, desordenado, irónico, anárquico e moi intuitivo.

Encarnados
Encarnados, posuídos. Comedores de carne, famentos, libres. O encarnado como cor que resalta entre a multitude, que nos leva nunha viaxe temporal para transformarnos e vivir noutra realidade, máis alá dunha dimensión subxectiva ou plana.

Acirrar o pensamento, provocar as relacións cunha acción que se sostén nunha frecuencia transgresora, cun punto de vista ficticio que non desvela o real senón o seu reverso. «Onde está, daquela, o real?», pregúntase Tono Arias nun incansable esforzo por traballar –sempre– desde unha posición que lle permita interrogarse ante o mundo. A construcción dun particular relato visual sobre a forma e a cor lévao a pequenas secuencias, narracións breves, haikus imaxinarios. Un discurso aberto á interpretación do espectador. Fotografías á marxe do explícito que tentan atraer, murmurar. Imaxes imprevisibles que vibran nun campo magnético entre a mirada e o mundo.

DesXeo
Corpos cheos de po branco. Po que limpa, purifica, reinicia o rito e mais a festa. Unha catarse colectiva, unha sesión de psicoterapia natural. Coma a auga no DesXeo, a fariña percorre os corpos provocando múltiples sensacións, dando lugar a imaxes emocionais e abstractas, de perplexidade e incerteza. Unha mirada de asombro, intuitiva. Experiencias sensoriais próximas que quedan atrapadas en fragmentos de luz artificial.

Preto
Este terceiro apartado, xurdido da pregunta “quen somos?”, contén unha serie de imaxes de personaxes do rural galego retratados durante o Entroido. Son retratos ao anoitecer, neses espazos baleiros onde transcorre a vida cotiá dos seus protagonistas.

O autor indaga en Preto na ambigüidade do ser humano emprendendo unha busca inquietante entre a ficción e o real. A cuestión, a xuízo do fotógrafo, é saber se o disfraz permite dar unha visión máis real do que somos, se descubre máis de nós do que pretendemos agochar. O autor explora as complexidades da fotografía contemporánea abordando cuestións sobre a identidade. Ao mesmo tempo, dialoga co medio rural para descubrir a beleza na singularidade das persoas que se amosan dun xeito espontáneo ante a cámara, integradas na paisaxe que habitan. Somos ese espello onde se reflicte outro espello, falso, ou verdadeiro? Todo vale…

*Textos: Antón Lopo

Tono Arias

Tono Arias. Exposición Encarnados. FFoco Festival

A Breach of Margins

David Barreiro. Proxección A Breach of Margins. FFoco Festival

A Breach of Margins

David Barreiro

«Interésame o concepto de traballo en relación cos procesos de desenvolvemento social, cultural e psicolóxico. Como en toda actividade institucionalizada, a estructura de reglas que regula o traballo limita o número de posibles relacións entre os suxeitos e os obxectos involucrados. Desde esta perspectiva, a súa función como espazo de xeración de identidades vese dalgunha maneira socavada, a media que os individuos se convirten en vectores dos intereses de axentes socioeconómicos. O espazo de traballo convírtese nun lugar para a experimentación.

Coas miñas imaxes escenifico unha realidade alternativa onde as accións rutinarias e os usos convencionais de obxectos se subverten. Establécese así unha brecha pola que se filtran liñas narrativas que invitan á reflexión sobre aspectos como a performatividade masculina presente nestes espazos, as tensións entre a tecnoloxía e o traballo manual, ou o corpo humano como material nos procesos de producción».

David Barreiro. Outubro de 2019

David Barreiro

David Barreiro. Proxección A Breach of Margins. FFoco Festival

Os Blancos

Colectivo Juan Nadie. Exposición Os Balncos. FFoco Festival

Os Blancos

I Premio Barrica de Narrativa Audiovisual

Colectivo Juan Nadie

Cando o colectivo fotográfico Juan Nadie chegou a poboación ourensana de Os Blancos, ningún dos seus habitantes inmutouse. Para esta comunidade rural, acoller a artistas, compartir con eles o seu día a día e velos irse como as moscas en verán ten pouco de insólito. O maior choque da novidade a exerce o pobo sobre os ollos do forasteiro «urbanita», e non ao revés. As fotografías deste proxecto plasman a experiencia sensorial que implicou para os fotógrafos introducirse nun medio alleo e o seu desexo de rexistralo todo compulsivamente para construir, peza a peza e de maneira fragmentada, un mapa do lugar no que se está.

Juan Nadie é un colectivo fotográfico que emprega a autoría compartida para asinar os seus traballos. As persoas que conforman Juan Nadie dilúen a súa identidade baixo este pseudónimo para evadir o recoñecemento ao ego individual e traballar a creación fotográfica dende o principio da colectividade. A declaración de intencións de Juan Nadie é clara e concisa: conxugar distintas miradas nunha soa, promovidos pola impulsiva necesidade de tomar fotografías e polo estímulo de explorar novos territorios.

Os Blancos obtivo o Primeiro Premio Barrica de Narrativa Audiovisual, organizado en xullo de 2019 por FFoco en colaboración con Espacio Mahou Coruña.

Colectivo Juan Nadie

Colectivo Juan Nadie. Exposición Os Balncos. FFoco Festival

Arredor da casa. Miradas de mulleres na Colección Alterarte

Maya Kapouski - FFOCO

Arredor da casa

Miradas de mulleres na Colección Alterarte

Lidia Alonso | María Covadonga Barreiro | María Blanco | Mónica Cabo | Mar Caldas | Marta Cerviño | Olaia Fernández | Julia Ferradás | Melania Freire | Maya Kapouski | Anna Katarina Martin | Sheila Pazos| Ana Pérez-Quiroga | María Prada | Sara Sapetti

Esta proposta recolle diversas miradas de autoras representadas na colección construida a partir da actividade da Sala Alterarte, espazo expositivo da Universidade de Vigo situado no Campus de Ourense e adicado a amosar propostas de artistas emerxentes, moitas delas tituladas na Facultade de Belas Artes da mesma Universidade.

O criterio de selección de obras fotográficas dentro desta colección non precisou ser forzado para favorecer a representatividade feminina, pois feminina é tamén a autoría da maioría desas obras, e tampouco resultou forzada a definición dun eixo temático, pois tamén a maioría desas imaxes xiran en torno aos espazos domésticos, aos obxectos e ás vidas privadas. Lonxe de supoñer isto un pregamento ao marco dos roles femininos socialmente asignados, ábrese un terreo de propostas que poñen en cuestión eses mesmos roles.

Director da Sala Alterarte: Xosé M. Buxán Bran | Coordinador de exposicións e Conservador da Colección Alterarte: Filemón Rivas | Curador: Enrique Lista

Colabora:

Sara Sapetti

Maya Kapouski - FFOCO

Maya Kapouski