Andaina fotográfica

Andaina fotográfica

FFocoWalk

Coincidindo coa celebración de FFoco, a asociación Seven Concepts Photowalk organiza unha andaina fotográfica polas rúas da cidade, para descrubir A Coruña con outros ollos e reflectir en imaxes os 7 retos que plantexarán o sábado 7 pola mañá e que cada participante deberá afrontar ao longo da xornada.

Bases e inscricións neste enlace.

SÁBADO 7-NOV
10:00 – 16:00 | Rúas da cidade
Presentación previa da actividade o venres 7, ás 18:00 horas, no patio da Seoane

Conversa inaugural

Apertura FF4

Conversa con Xosé Castro e Óscar París

Unha exposición como ‘O piano pola xanela‘, que fará historia na cidade, ben merece ser contada polos seus propios autores, pai e fillo, que desvelarán todos os secretos que se agochan tras esta crónica visual do Papagayo.

Conversa moderada por Manolo Rodriguez García, toda unha institución do xornalismo local. Membro na actualidade da xunta directiva da Asociación de Prensa de A Coruña, formou parte da primeira promoción da Facultade de Xornalismos da USC. Entre 1995 e 2018 non hai persoa, rúa ou actividade destacada da cidade da que non dera conta Rodri García nas páxinas de La Voz de Galicia.

VENRES 6-NOV
18:30 | Salón de actos
Aforo restrinxido
Imprescindible rexistro previo a través deste enlace

Xosé Castro

As imaxes morden

As imaxes morden

Proxección documental + Conversa con Paolo Gasparini

Co fin de coñecer mellor o traballo dun dos grandes referentes da fotografía latinoamericana, FFoco proxecta dúas pezas documentais sobre a vida e obra de Paolo Gasparini:

  • ‘El fotógrafo y la fotografía, la identidad de un malentendido’
  • ‘Las imágenes muerden’

A continuación, conversaremos co autor a través da plataforma Zoom, para profundizar de primeira man na traxectoria de quen foi discípulo do mítico Paul Strand.

Paolo Gasparini (1934, Gorizia, Italia) formouse como fotógrafo inmerso no neorrealismo italián, nos anos 50 do século pasado. En 1955 instalouse en Venezuela, onde comeza a súa andaina profesional na fotografía de arquitectura ao tempo que realiza reportaxes urbanas empregando unha linguaxe realista influenciada por Paul Strand, William Klein o Robert Frank. Como fotógrafo comprometido socialmente, Gasparini publica diversos proxectos en formato fotolibro, que compaxina a partir dos anos 80 coa realización de fotomurais e proxeccións audiovisuais.

SÁBADO 7-NOV
17:00 – 18:30 | Salón de actos
Aforo 30 persoas, por estrita orde de chegada
Rexistro de datos no acceso

Colabora:

Paolo Gasparini

Obradoiro Fotolibro

Obradoiro Fotolibro

Diana Vilera

O fotolibro labrouse hoxe en día un lugar propio tanto no eido editorial como no eido expositivo, pero cada vez máis distanciado de ámbolos dous e convertido nun producto único das artes visuáis.

Libro, obra, edición, curaduría, narrativa, función, mercado e discurso de autor están contidos nun fotolibro, pero a presenza de todos estes elementos o fan diferente a unha exposición e ao seu catálogo. Tamén o diferencian dun libro de fotografías, álbum ou portafolio.

Neste obradoiro de dúas horas de duración abordaranse elementos conceptuáis e históricos do fotolibro, pero principalmente falarase do seu ecosistema, as etapas e os aspectos que o compoñen e a relación de cada unha das súas partes: autor, producción, edición, venta, concursos, ferias, festivais… Analizarase o proceso que se incia no momento da conceptualización do fotolibro e que remata -ou debe rematar- na evolución positiva da traxectoria do seu autor como artista visual, e non na conversión do fotógrafo en editor. O obradoiro estará impartido pola antropóloga, editora e especialista en fotografía Diana Vilera, impulsora do proxecto PARAVERTEMEJOR.

SÁBADO 7-NOV
11:00 – 13:00 | Salón de actos
Obradoiro aberto a estudantes e profesionais da fotografía. A entrada é de balde pero o cupo é limitado. Imprescincible inscrición a través deste enlace.

Colabora:

FFeira editorial

FFeira editorial

Dende a súa primiera edición, FFOCO acolle unha ffeira centrada na divulgación de fotolibros. Por mor das restricións, este ano a participación é limitada, pero contamos coa presenza de Dispara, o máis destacado proxecto galego especializado en fotografía. Unha oportunidade única para ver, tocar, consultar, descubrir e, sobre todo, mercar libros e unha boísima ocasión para conversar con Tono Arias, o seu impulsor.

Ademais, no marco desta ffeira lévanse a cabo presentacións de maquetas e fotolibros de recente publicación:

  • Zoocosis, de Estela de Castro. Publica BANCO Editorial. Presentan Aitana Tubío e Jesús Caballero Varela
    A fotógrafa madrileña reflicte os trastornos e angustias silenciadas que sufren os animais confinados nos zoolóxicos.
  • Never Know, de Alicia Seoane. Publica AmordeMadre
    Un traballo de recuperación de imaxes de álbum familiar, entremezcladas con fotografías novas, xerando unha nova narrativa temporal que nos achega moitas preguntas e poucas respostas.
SÁBADO 7-NOV
FFeira
11:00 – 22:00 | Patio
Aforo 50 persoas
Prensentacións
19:00 – 19:30 | Salón de actos
Aforo 30 persoas, por estrita orde de chegada
Rexistro de datos no acceso

Iago Carro / Nós, Why Not?

El Faro del Adiós

Concerto El Faro del Adiós. Actividades. FFoco Festival

El Faro del Adiós

Concerto interpretado por Sara Lorenzo (Voz) | Pablo Añón Lijó (Ventos e arranxos musicais) | Alejandro González (Piano) | Quique Alvarado (Baixo) | José Luis Ducid (Recitados)

El Faro del Adiós é o título do novo vídeo-álbum de José Luis Ducid, artista porteño afincado na Coruña. Trátase dunha suma de textos e cancións, de media hora de duración, que foi gravado en directo no salón de actos da Fundación Luis Seoane, durante a clausura do festival.

«As cancións que compartiremos,
mellor dito, as catro esceas ‘romáticas’
que gravaremos gracias a FFoco
no salón de actos da Fundación Luis Seoane,
sucédense sobre un fondo constante:
o do océano;
pero non calqueira océnano,
O Atlántico…
Unha inmensidade de espazo e de tempo
onde os amantes navegan,
naufragan, afúndense, afóganse, tocan fondo,
misteriosamente fan pé
e impúlsanse e ascenden e sálvanse,
e outra vez navegan
asistidos tan só
pola luz do faro máis antigo do mundo
(en perfecto funcionamento)»

EL FARO DEL ADIÓS

El Faro del Adiós

Concerto El Faro del Adiós. Actividades. FFoco Festival

Fotoxornalistas

Fotoxornalistas Vanessa Casteleiro e Patricia Gago. Actividades FFoco Festival

Fotoxornalistas

Conversa con Patricia Gago e Vanessa Casteleiro

Elas contan. As súas miradas son testemuña diaria do que acontece na cidade. Cada unha das súas imaxes, tomadas en fracción de segundos, amosan unha historia, unha información que a sociedade demanda e consume de forma rápida e constante.

Patricia Gago e Vanessa Casteleiro son fotoxornalistas, un territorio no que todavía hoxe impera unha visión masculina da realidade. Por iso, ámbalas dúas conversaron en FFoco sobre a súa experiencia e sobre o presente e o futuro da súa profesión.

Moderadora: María Nieto.

Vanessa Casteleiro

Fotoxornalistas Vanessa Casteleiro e Patricia Gago. Actividades FFoco Festival

Fotografía: a inclusión ao alcance da man

Fotografía inclusiva de Nos Why Not. FFoco Festival

Fotografía: a inclusión ao alcance da man

Presentación de Nos, Why Not? Fotografía inclusiva con enfoque profesional

A fotografía, cun espíritu profesional, é unha ferramenta magnífica para a inclusión das persoas con diversidade funcional, especialmente de desenvolvemento. Ofrece numerosas ventaxas terapéuticas, como a potenciación da súa creatividade, pero o máis importante é que lles achega á felicidade.

Nos, Why Not?, primeira axencia española -e do mundo- de fotógrafos con diversidade, ven de organizar en colaboración coa Fundación María José Jove o «Obradoiro de Fotografía inclusiva con espírito profesional» para facilitar a inclusión social e laboral da mozas e mozos con diversidade funcional a través da fotografía… Unha inclusión ao alcance da man.

Felipe Alonso, responsable do proxecto, presentou as liñas de actuación desta iniciativa pioneira.

Colabora:

Nos, Why Not?

Fotografía inclusiva de Nos Why Not. FFoco Festival

FFeira editorial

FFeira Editorial, imaxe de arquivo. FFoco Festival

FFeira editorial

Durante unha xornada completa, FFOCO acolleu no patio da Fundación Luis Seoane unha ffeira editorial centrada na divulgación de fotolibros e na que, como cada ano, participaron algunhas das máis destacadas editoriais galegas especializadas en fotografía.

Nesta terceira edición estiveron presentes:

Houbo tamén á venda libros autoeditados, as chapas de La Chapera e as bonecas foteiras de As Dúas en Punto.

Ademais, no marco desta ffeira leváronse a cabo presentacións de maquetas e fotolibros de recente publicación:

Arquivo FFoco

FFeira Editorial, imaxe de arquivo. FFoco Festival

As dúas en punto

As dúas en Punto, imaxe de arquivo. FFoco Festival

Unha caña con…

Unha caña con... Actividade, FFoco Festival

Unha caña con…

Un encontro cercano e distendido, en grupos reducidos, que permite o achegamento a fotógrafos, editores e outros axentes do sector mentres se comparte cervexa e conversación.

Arquivo FFoco

Unha caña con... Actividade, FFoco Festival