FFeira editorial

FFeira Editorial, imaxe de arquivo. FFoco Festival

FFeira editorial

Durante unha xornada completa, FFOCO acolleu no patio da Fundación Luis Seoane unha ffeira editorial centrada na divulgación de fotolibros e na que, como cada ano, participaron algunhas das máis destacadas editoriais galegas especializadas en fotografía.

Nesta terceira edición estiveron presentes:

Houbo tamén á venda libros autoeditados, as chapas de La Chapera e as bonecas foteiras de As Dúas en Punto.

Ademais, no marco desta ffeira leváronse a cabo presentacións de maquetas e fotolibros de recente publicación:

Arquivo FFoco

FFeira Editorial, imaxe de arquivo. FFoco Festival

As dúas en punto

As dúas en Punto, imaxe de arquivo. FFoco Festival

Unha caña con…

Unha caña con... Actividade, FFoco Festival

Unha caña con…

Un encontro cercano e distendido, en grupos reducidos, que permite o achegamento a fotógrafos, editores e outros axentes do sector mentres se comparte cervexa e conversación.

Arquivo FFoco

Unha caña con... Actividade, FFoco Festival

Fotografía clásica de grande formato

Óscar Górriz e Samuel Ortiz. Actividades FotoMatones. FFoco Festival

Fotografía clásica de grande formato

Sesión de retratos + Obradoiro con Óscar Górriz e Samuel Ortiz

Os ‘fotomatóns Óscar’ Górriz e Samuel Ortiz, creador da Besta (un modelo propio de cámara de grande formato), voltaron a FFoco para impartir un obradoiro de retrato analóxico.

Ambos fotógrafos realizaron retratos en branco e negro entre os asistentes ao festival, ao tempo que deron indicacións sobre a toma dunha imaxe cunha cámara de grande formato e o seu proceso de revelado. Ademais, falaron sobre as súas cámaras Besta -que constrúe o propio Samuel- e os traballos que realizan con elas nos seus proxectos persoais e colectivos.

Actividade de balde. 20 participantes máximo. Reserva a túa plaza a través do mail info@ffocofestival.com, indicando no asunto BESTA.

Óscar Górriz | Samuel Ortiz

Óscar Górriz e Samuel Ortiz. Actividades FotoMatones. FFoco Festival

Óscar Górriz | Samuel Ortiz

Óscar Górriz e Samuel Ortiz. Actividades FotoMatones. FFoco Festival

Óscar Górriz | Samuel Ortiz

Óscar Górriz e Samuel Ortiz. Actividades FotoMatones. FFoco Festival

Óscar Górriz | Samuel Ortiz

Óscar Górriz e Samuel Ortiz. Actividades Fotomatones. FFoco Festival

Óscar Górriz | Samuel Ortiz

Óscar Górriz e Samuel Ortiz. Actividades Fotomatones. FFoco Festival

Reading Room

La Cueva Casa Editorial. Actividades FFoco Festival

Reading Room

Fotolibros latinoamericanos seleccionados pola antropóloga, editora e investigadora Diana Vilera

Fotógrafas, editores, comisarios, investigadores, coleccionistas, bibliotecarios e deseñadores aportan unha escolma da mellor producción latioamericana de libros de fotografía, difícilmente accesible doutro xeito.

Este actividade conformou así unha experiencia onde os fotolibros puidéronse admirar como obras de arte, pero tamén se poden tocar, consultar e ler. Púidose reflexionar, debatir e discutir en torno a eles como obxecto, como libro de artista e como documento sociohistórico. Ademais, a fotógrafa venezonala Alicia Caldera fixo un percorrido por publicacións recentes, que ofrecen unha visión polifónica e fragmentada do continente.

Comisariado pola investigadora e antropóloga venezonala Diana Vilera, o ‘reading room’ viña de visitar os festivais PHotoEspaña, en Madrid, e Fotoseptiembre (Panamá) e achegou a FFoco as seguintes publicacións:

Lo salvaje apareció en mis sueños. Laura Ferro. Argentina
Reconstrucción. Rosana Simonassi. Argentina
Salamone. Esteban Pastorino. Argentina
Psyche. Pablo Cabado. Argentina
Mi color favorito es el rosa pero me gusta el negro. Talita Virginia. Brasil
Conhecidos de vista & La escala del color de las cosas. Leticia Lampert. Brasil
Sobretiempo. Mariana Tassinari. Brasil
Biblioteca íntima. Sheila Oliveira. Brasil
Nimbus. Elaine Pessoa. Brasil
Este cuerpo no es mío. Paula López Droguet. Chile
Esto ha sido | Se vende ilusiones | Apuntes del Edén & Toque de queda. Luis Weinstein. Chile
Llano. Juanita Escobar. Colombia
Cuarta Pared. Julia Nanda Bejarano López. Colombia
Piedra-Padre. Universo. Clara de Tezanos. Guatemala
Piedras. Graciela Iturbide. México
Every night temo ser la dinner. Sofía Ayarzagoitia. México
San Pedro Garza García. Yvonne Venegas. México
Frontera. Pablo López Luz. México
Todo aquello que no llegó al futuro. Karina Morante T. Perú
La ira de la devoción. Liz Ambrossio. México
La era Plasteozoica. Colectivo Pictoria Newhouse (Victoria Thomen y Guadalupe Casanovas). República Dominicana
Purgatorio. Ignacio Iturroiz. Uruguay
Patria. Jorge Vidart. Uruguay
Cobalto. Julio Pereira. Uruguay
2219. Alicia Caldera. Venezuela
Expedientes. Juan Toro Diez. Venezuela
Testigos del desarraigo. Marylee Coll. Venezuela
La verdadera historia de Paolo Gasparini. Paolo Gasparini. Venezuela
Fotografía impresa en Venezuela. Sagrario Berti. Venezuela

Colabora:

La Cueva Casa Editorial

La Cueva Casa Editorial. Actividades FFoco Festival

Tecnoloxías e estéticas fotográficas: unha arqueoloxía sen territorio

Tecnoloxías e estéticas fotográficas: unha arqueoloxía sen territorio Obradoiro con Rubén Panete

Tecnoloxías e estéticas fotográficas: unha arqueoloxía sen territorio

Presentación + Obradoiro con Rubén Panete

En fotografía, os avances das súas tecnoloxías crean novas estéticas. Partindo deste enunciado, este obradoiro ofreceu aos participantes un espazo no de desenvolver, de maneira práctica, un conxunto de sinxelas técnicas fotográficas que estimulan as condicións de disparo en diferentes momentos históricos da fotografía, atendendo á súa evolución técnica. Tratouse de entender qué calidades estéticas proporcionan a aparición desas tecnoloxías e como, hoxe en día, unha persoa que utiliza a fotografía como medio pode facer uso delas na realización da súa obra, proxecto ou traballo.

Ata a chegada do colodión húmido non podemos falar dun espaco concreto para á fotografía de guerra. Nas imaxes que Roger Fenton fixo en Crimea non hai soldados mortos, senón os seus rastros no campo de batalla: a emulsión dos cristais das súas placas requería unha exposición de entre 20 e 30 segundos. Para lograr que o miliciano de Robert Capa convertésese nunha icona da fotografía bélica, a tecnoloxía tivo que chegar a unha pequena cámara Leica cargada con Kodak Tri-X de sensibilidade 100 ASA e obxectivos Elmar de excelente calidade. «Morte dun miliciano» é unha fotografía en escala de grises de 1936; dous anos despois Capa levou Kodachrome cor de 12 ASA a China: non só é que esa sensibilidade tan baixa non fose suficiente para deter a acción das escenas senón que, ademais, por aquel entón a fotografía a cor non se observaba coa mesma credibilidade que se ofrecía ás imaxes en branco e negro; era considerada unha “abstración”.

As escenas do París de Eugène Atget débenlle moito ao esforzo e cansazo que supoñía empuxar o carro onde transportaba o seu cámara e as súas placas. Por outra banda, á vez que Walker Evans contaba xa con tecnoloxías suficientes para lograr a nitidez e detalle que pretendía para o seu “Straight Photography”, os pictorialistas restaban nitidez aos seus obxectivos cubríndoos con veos para lograr esa imaxe “flou” coas que trataban de lograr “status de artista”, achegando a estética das súas fotografías á prestixiosa aparencia das pictóricas.

Neste sentido de perda de detalle e nitidez, son tamén “Lo- fi” o conxunto de píxeles das imaxes capturadas con teléfonos móbiles coas que se pretendeu dar conta da morte de Sadam Husein e Gadafi, ou das torturas na prisión de Abu Ghraib. E etc. Por que en lugar do píxel hoxe tantos fotógrafos regresan á película química? Que técnicas podemos recuperar para lograr as estéticas que desexamos?

Sobre o autor

Rubén Panete traballa con vídeo, son, infografía, fotografía e instalación. Na súa práctica artística cuestiona principalmente o estatus da imaxe como modo de representación e coñecemento pero, sobre todo, atravesa fronteiras mentais e físicas. No ano 2016 inaugura «Arquitecturas Negras», a súa primeira exposición individual, na Sala Barcelona do MAC.

Este obradoiro ten unha duración de tres horas, divididas en dúas partes:

  1. A primeira hora foi aberta a todo o público. Rubén Panete amosou algunhas das técnicas fotográficas -toma, postproducción…- dos seus últimos traballos: os Retratos Negros sobre os migrantes africanos en Italia; Xeografías do duelo; paisaxe do postconflicto nos Balcáns, Poesía afgá en Europa; o dereito á imaxe dos Outros, Arquitecturas Negras e A Imaxe Transcultural: Fronteira, Conflicto, Identidade e Territorio, desenvolto en Albania, Kósovo, Turquía, Xeorxia, Armenia, Irán, Kurdistán, India, Caxemira, Líbano e as fronteiras de Siria e Paquistán, entre outras.
  2. Dúas horas prácticas fotografando nun territorio concreto: a Cidade Vella da Coruña.
Actividade de balde. Reserva a túa plaza a través do mail info@ffocofestival.com, indicando no asunto PANETE e adxuntando portfolio e un breve texto das túas motivacións para participar.

Rubén Panete

Tecnoloxías e estéticas fotográficas: unha arqueoloxía sen territorio Obradoiro con Rubén Panete

Arredor da casa. Miradas de mulleres na Colección Alterarte

Maya Kapouski - FFOCO

Arredor da casa

Miradas de mulleres na Colección Alterarte

Lidia Alonso | María Covadonga Barreiro | María Blanco | Mónica Cabo | Mar Caldas | Marta Cerviño | Olaia Fernández | Julia Ferradás | Melania Freire | Maya Kapouski | Anna Katarina Martin | Sheila Pazos| Ana Pérez-Quiroga | María Prada | Sara Sapetti

Esta proposta recolle diversas miradas de autoras representadas na colección construida a partir da actividade da Sala Alterarte, espazo expositivo da Universidade de Vigo situado no Campus de Ourense e adicado a amosar propostas de artistas emerxentes, moitas delas tituladas na Facultade de Belas Artes da mesma Universidade.

O criterio de selección de obras fotográficas dentro desta colección non precisou ser forzado para favorecer a representatividade feminina, pois feminina é tamén a autoría da maioría desas obras, e tampouco resultou forzada a definición dun eixo temático, pois tamén a maioría desas imaxes xiran en torno aos espazos domésticos, aos obxectos e ás vidas privadas. Lonxe de supoñer isto un pregamento ao marco dos roles femininos socialmente asignados, ábrese un terreo de propostas que poñen en cuestión eses mesmos roles.

Director da Sala Alterarte: Xosé M. Buxán Bran | Coordinador de exposicións e Conservador da Colección Alterarte: Filemón Rivas | Curador: Enrique Lista

Colabora:

Sara Sapetti

Maya Kapouski - FFOCO

Maya Kapouski