As imaxes morden

Proxección documental + Conversa con Paolo Gasparini

Co fin de coñecer mellor o traballo dun dos grandes referentes da fotografía latinoamericana, FFoco proxecta dúas pezas documentais sobre a vida e obra de Paolo Gasparini:

  • ‘El fotógrafo y la fotografía, la identidad de un malentendido’
  • ‘Las imágenes muerden’

A continuación, conversaremos co autor a través da plataforma Zoom, para profundizar de primeira man na traxectoria de quen foi discípulo do mítico Paul Strand.

Paolo Gasparini (1934, Gorizia, Italia) formouse como fotógrafo inmerso no neorrealismo italián, nos anos 50 do século pasado. En 1955 instalouse en Venezuela, onde comeza a súa andaina profesional na fotografía de arquitectura ao tempo que realiza reportaxes urbanas empregando unha linguaxe realista influenciada por Paul Strand, William Klein o Robert Frank. Como fotógrafo comprometido socialmente, Gasparini publica diversos proxectos en formato fotolibro, que compaxina a partir dos anos 80 coa realización de fotomurais e proxeccións audiovisuais.

SÁBADO 7-NOV
17:00 – 18:30 | Salón de actos
Aforo 30 persoas, por estrita orde de chegada
Rexistro de datos no acceso

Colabora:

Paolo Gasparini

Entradas recomendadas