APERTURA FF4

Conversa con Xosé Castro e Óscar París

Unha exposición como O piano pola xanela, que fará historia na cidade, ben merece ser contada polos seus propios autores, pai e fillo, que desvelarán todos os secretos que se agochan tras esta crónica visual do Papagayo.

Conversa moderada por Manolo Rodriguez García, toda unha institución do xornalismo local. Membro na actualidade da xunta directiva da Asociación de Prensa de A Coruña, formou parte da primeira promoción da Facultade de Xornalismos da USC. Entre 1995 e 2018 non hai persoa, rúa ou actividade destacada da cidade da que non dera conta Rodri García nas páxinas de La Voz de Galicia.