15'

Acción específica comisariada polo Café Universal

O Café Universal acepta o reto de converterse tamén en sede de FFoco. E colaboran de tres xeitos co Festival:

1.- Comisariando unha peza específica titulada 15′ na que contan cun montón de amigos que ademais son grandes fotógrafos. Xente que ten o Uni como un dos seus lugares de referencia. Os nove fantásticos son: Antón Sanjurjo, Xosé Duncán, Iván Casal, Lucía Castro, Hermano Lobo, Andrea Ratto, Raffaella Vesevo, César L. Seoane e Javi Quiroga.

2.- Expoñendo tamén a obra dos fotógrafos en formato dixital, proxectadas na parte traseira do Uni. Unha mostra con dez fotografías de cada un dos devanditos autores. Un total de 90 imaxes en series de 10, pensadas específicamente para esta edición de FFoco.

3.- Montando unha presentación «bastarda, con nocturnidade e alevosía». Rollo «cara b», que nos encanta. Unha proposta «golfa, descarada e sublimando o terceiro tempo, tan necesario hoxe en día, porque facer comunidade tamén é crear espazos para vernos e afectarnos en común».

Foto: Hermano Lobo

café universal | rúa san andrés, 1
PResentación
venres 5 NOV | 23:30 h